LOGA

Loga é unha aplicación informática baseada na linguaxe LOGO,pero cun vocabulario reducido e localizado ao galego, deseñada para incluirse en páxinas web.

Loga tamén é a tartaruga que interpreta as ordes do usuario/a.

Loga non é logo, senon unha adaptación á realidade actual da filosofía constructivista que inspirou a creación da linguaxe logo por Seymour Papert.

A utilización dos ordenadores coma recursos didácticos, brinda unha excelente cantidade de contextos para a aprendizaxe constructivista, pero non resulta doado concretar as ideas en procedementos de traballo. Na maior parte das ocasións o alumnado enfróntase a entornos pasivos, que limitan a toma de decisións e anulan os mecanismos de creación.

Unha excelente aportación aos modelos constructivistas foi a aparición das webquest, que propoñen retos guiados e mergullan aos alumnos e alumnas nun entorno de traballo activo.

LOGA parte coa mesma filosofía que as webquest: plantexar retos, ofrecer un procedemento de elaboración, e analizar os resultados. Pero a diferencia dos webquest logo non precisa unha intervención continua do profesorado.

Licenza EUPL (European Public License)

Este proxecto foi premiado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia,
co segundo premio dos Premios de Innovación educativa 2006.

Propiedade da Consellería de Educación e O.U da Xunta de Galicia.