Instruccións.
As instruccións deben escribirse separadas por alomenos un espazo.
Certos comandos admiten a forma completa e a abreviada.|
ABREVIADA |
COMPLETA |
EFECTO |
EXEMPLO |
| av | avanza | A tartaruga desprázase hacia diante. Pódense trazar curvas bezier. Se o segundo número vai precedido pola letra “e” indica que a curva trázase á esquerda. av distancia [intensidade_curva] [distancia_de_inicio_da_curva] | av 100 Curva: av 100 100 av 90 e 50 av 120 200 10 |
| re | retrocede | A tartaruga desprázase hacia atrás. | re 50 |
| xd | xiradereita | A tartaruga realiza un xiro á dereita | xd 45 |
| xe | xiraesquerda | A tartaruga realiza un xiro á esquerda | xe 45 |
| dt | debuxatriangulo | Debuxa un triángulo rectángulo. Se o primeiro número vai precedido pola letra “e”, o triángulo constrúese hacia a esquerda. Se escribimos unha cor , ésta serve para encher o triángulo. | dt e250 100 azul |
| dc | debuxacirculo | Traza unha figura circular. dc radio maior [radio menor] cor | dc 90 25 verde |
| dp | debuxapoligono | Construe un polígono regular. dp número_de_lados tamaño_do_lado cor | dp 6 100 amarelo |
| dr | debuxarectangulo | Debuxa un raectángulo. Dr lado [lado] cor | dr 200 100 vermello |
| tx | texto | Introduce unha etiqueta de texto. tx número_de_etiqueta texto. Para borrar unha etiqueta escriba tx número_de_etiqueta. | tx 1 TRIÁNGULO Borrar: tx 1 |
| fn | fonte | Estabrece o formato das etiquetas. fn tipo_de_letra tamaño simarco cor simarco debe ser 1 ou 0 e indica se a etiqueta leva ou non marco. | fn arial 18 1 verde ( letra: arial , tamaño: 18, marco: si , cor: verde ) |
| rt | repite | Realiza varias veces as instruccións seguintes. rt número_de_repeticións ( instruccións | rt 6 ( xd 60 av 100 |
| gl | grosorlapis | Axusta o grosor do pincel gl número_de_groso | gl 3 |
| cl | corlapis | Estabrece unha cor para debuxar. cl cor As cores admitidas son: verde, azul, laranxa, amarelo, branco , negro, vermello e marrón. | cl negro |
| cf | corfondo | Indica a cor de fondo. cf cor | cf branco |
| bp | Borrapantalla | Elimina os elementos da pantalla e posiciona a tartaruga no centro. | bp |
| im | Imprime | Envía á impresora o debuxo e as etiquetas ( se son visibles) | im |
| ab | abredebuxo | Carga un arquivo con comandos LOGA ab nome_arquivo | ab loga |
| gd | gardadebuxo | Garda o trazado actual. En execución remota ( internet) o debuxo envíase ao servidor para que o procese. Baixo o shell loga.exe o arquívo almacénase no ordenador do usuario. | gd |
| pi | ponimaxe | Sitúa en pantalla unha imaxe contida nun arquivo. pi nome_arquivo_imaxe |
pi foto |
| de | debuxaecuacion | Debuxa a representación gráfica dunha ecuación. de fórmula. ^: elevado a... | de (x/16)^2 |
| cu | Debuxa unha grella. cu espazo_da_grella Para borrar unha grella escriba cu. | cu 10 Borrar: cu | |
| mc | Mostra coordenadas | mc | |
| oc | Oculta coordenadas | oc | |
| mt | Mostra tartaruga | mt | |
| ot | Oculta tartaruga | ot | |
| mr | Mostra regra | mr | |
| or | Oculta regra | or | |
| me | Mostra etiquetas | me | |
| oe | Oculta etiquetas | oe | |
| sl | Sube lapis | sl | |
| bl | Baixa lapis | bl | |
| ax | axuda | Mostra información sobre o uso de LOGA | ax |
Gardar.
Os trazados pódense gardar para utilizalos no futuro ou para importalos coma elementos predefinidos, e dicir, podemos debuxar unha casa, gardala e utilizar a palabra casa para situar esa imaxe no escenario tantas veces coma desexemos.
Exemplos.
![]() |
Construcción dunha escaleira
av 90 xd 90 av 90 xe 90 av 90 xd 90 av 90 xe 90 xe 90 xd 90 av 90 xd 90 av 90 |
![]() |
A estrela foi debuxada coa orde rt 4 ( dt 100 30 dt e100 30 azul xd 45 Coa instrucción rt 6 ( dp 6 100 verde xd 60 av 30 , trazamos a figura inferior. |
![]() |
Figura clásica: rt 12 ( dc 60 xd 30 av 30 |
USO DE ETIQUETAS.
As etiquetas son descricións que podemos introducir coa orde tx seguida do número da etiqueta e o texto. As etiquetas pódense mover pola fiestra co rato.
Exemplo tx 1 HIPOTENUSA.
LOGA utiliza coma formato de texto os valores definidos coa orde fn.
Por exemplo fn Arial 20 para letra tipo Arial e tamaño 20.
REPRESENTACIÓN DE ECUACIÓNS.
Coa orde de ( debuxaecuacion) podemos pedirle a LOGA que represente gráficamente unha ecuación.Por exemplo de (x/16)^2 trazar a imaxe seguinte. Para mellorar a visualización é recomendable activar as coordenadas (mc) e crear unha grella (cu 10 ).
A REGRA.
Para facilitar o traballo podemos utilizar a regra que se mostra coa orde mr . Este elemento serve para obter datos do debuxo coma as distancias e os ángulos.
Utilización da regra para medir a hipotenusa (315) dun triángulo e un dos ángulos (51 graos).
Para ocultar a regra escriba a orde or .