USO DE LOGA.
Entorno principal de traballo
Á esquerda aparecen os botóns que representan algunhas das ordes de LOGA , teñen dúas funcións: introducir un comando e representar o seu estado.
Os botóns:
![]() |
Cores: Premendo no botón facemos que a tartaruga pinte na cor elexida.As cores recoñecidas por loga son: negro, branco, verde, azul, amarelo, vermello, laranxa e marrón. A cor de debuxo aparece indicada no lombo da tartaruga. |
sl: subelapis. Se aparece destacado significa que a tartaruga non debuxa. mt: mostra a tartaruga. ot: oculta a tartaruga. mc: mostra os eixos de coordenadas cartesianas. oc: oculta os eixos. me: mostra as etiquetas de texto. oe: oculta as etiquetas de texto. mr: mostra a regra. or: oculta a regra. bp: borra a pantalla. im: imprime o debuxo coas etiquetas. da: desfacer o debuxo anterior. ax: mostrar a axuda. |
Na parte inferior aparece a caixa para escribir as instruccións para a tartaruga.
![]()
Podemos utilizar o botón “FACER” ou premer a tecla “INTRO/ENTER”.
O máis importante de LOGA son as instrucción que indican á tartaruga como ten que desprazarse, xirar, debuxar, etc.